Saltar ao contido

Polígono industrial de Morás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polígono industrial de Morás
Polígono de Morás en 2018
Tipopolígono industrial
EnMorás
PaísGalicia
43°18′11″N 8°29′05″O / 43.303, -8.4847222222222
editar datos en Wikidata ]

O polígono industrial de Morás é unha zona industrial en construción situada na parroquia de Morás, concello de Arteixo, no cruzamento da AG-55 e a A-6. O polígono non ten actividade nin empresas.

No ano 2005 a Xunta de Galicia, a través de Xestur[1], aprobou un proxecto para desenvolver en tres fases o que habería ser a maior bolsa de solo industrial do país, cuns 9.000.000 de metros cadrados de superficie. En 2008 comezaron as obras da primeira fase, nas que se debían urbanizar uns 1.500.000 m2, porén en maio de 2012, após un investimento final de 80.000.000 de euros (o que supoñía o triplo do presupostado), a Xunta sacou 375.497 m2 a un concurso público que rematou deserto.[2] En 2013 padeceu outro revés ao declararen as administracións estatais o veciño polígono industrial de Vío como Zona de Actividades Loxísticas (ZAL) vinculada ao porto exterior da Coruña, recoñecemento que inicialmente se esperaba para Morás dada a súa situación estratéxica, dimensións e capacidade de expansión[3].

En marzo de 2017 o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciaba un investimento de 4.000.000 € para rematar as obras de urbanización da primeira fase e descontos no prezo das parcelas para lle dar un novo impulso á infraestrutura, así como a intención de mellorar a estrada de acceso, dependente da Deputación da Coruña.[4]

A finais de 2018 Estrella Galicia anunciou a compra de 500 mil metros cadrados no polígono de Morás para construír unha fábrica de cervexa.[5] Alumán mercou unha parcela de 100 mil metros cadrados.[6]

  1. "PLAN SECTORIAL DE ORDENACIÓN DE ÁREAS EMPRESARIAIS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA" (PDF). Instituto Galego de Vivenda e Solo. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de outubro de 2017. Consultado o 2017-05-07. 
  2. La Opinión de A Coruña. "El desierto del polígono de Morás". Consultado o 2017-04-29. 
  3. La Opinión de A Coruña. "Caramelo: Adiós al único oasis en el desierto de Vío". Consultado o 2017-04-29. 
  4. Europa Press (2017-03-28). "Feijóo compromete una inversión de 4 millones para urbanizar el polígono de Morás". europapress.es (en castelán). Consultado o 2017-04-29. 
  5. "Estrella Galicia construirá en Arteixo una de las mayores fábricas de cerveza de Europa". 
  6. "Aluman prepara su desembarco en Morás explanando la mayor parcela".